CEPESMA
COORDINADORA PARA EL ESTUDIO
Y PROTECCIÓN DE LAS ESPECIES MARINAS
LUARCA (PRINCIPADO
DE ASTURIAS)
CASTELLANO ASTURIANU CATALÁ GALEGO NEDERLANDS DEUTSCH NORSK
CEPESMA, coordenadora para o estudio e a protección das especies mariñas, foi creada no ano 1996.
No 1998, CEPESMA abriu en Luarca a “Aula do Mar”. Esta é un museo que conta cunha ampla exposición de animais mariños cos seus correspondentes paneis explicativos: máis de 400 exemplares de especies distintas entre as que se poden observar 8 das luras xigantes máis grandes e mellor conservadas do mundo. A través desta exposición, así como de documentais e conferencias, preténdese dar a coñecer o ecosistema mariño e intentar sensibilizar á poboación da necesidade de conservalo, amosando as agresións máis habituais que conducen ó seu paulatino deterioro.
Durante os pasados anos, máis de 10.000 nenos e adolescentes participaron nas actividades organizadas na Aula.
A Aula-Museo está aberta ,tódolos días.
CEPESMA completa o seu labor de educación medioambiental coas Exposicións Itinerantes que realiza por grande parte da zona norte de España.
CEPESMA xestiona tamén un Centro de Recuperación de especies mariñas: focas, tartarugas, aves, etc. e algunhas especies terrestres. Este Centro, instalado a 4 km de Luarca, dotado de instalaciones axeitadas para o tratamento de animais mariños, puidose construír gracias ó patrocinio, entre outros, de Cajastur e das axudas concedidas pola Comunidade Europea a través do programa Leader.E é posible seguir manténdoo e mellorándoo, así como levar a cabo outros proxectos de CEPESMA, gracias ós distintos convenios asinados no ano 2001 co Goberno do Principado de Asturias, COGERSA e Parque Principado; e á colaboración desinteresada doutras entidades privadas.
O noso equipo, composto por veterinarios, biólogos e outros colaboradores, todos eles voluntarios, encárganse de tódalas tarefas a realizar neste Centro. Temos conseguido uns bos resultados no tratamento e posterior integración no seu hábitat das especies recuperadas. Ultimamente puxemos en liberdade 6 focas grises máis unha foca de casco en moi bo estado. Entre os cetáceos atopados (arroaces, marsopas, etc) na praia, CEPESMA ten salvado 9 exemplares ata o día de hoxe. Temos, asímesmo, recollido máis de dous centos de aves.
Por outra banda, CEPESMA realiza un grande traballo na recuperación e información dos varamentos que se producen a miúdo nas costas asturianas, en colaboración coa Universidade de Oviedo.
Un dos principais obxectivos de CEPESMA, é o de concienciar á poboación, especialmente ós nenos, da grande importancia que ten preservar o ecosistema mariño. E para acadalo o primeiro paso é dar a conocer ese “mundo”.